martes, 1 de abril de 2008

TEORÍAS DA XUSTIZA

¿Cal era o reparto entre as dez persoas?
Tódalas persoas a excepción do máis rico van ter o dobre de diñeiro do que posuían antes. O rico seguirá tendo maior capital que os demais e o pobres terán o dobre de diñeiro pero seguirán tendo menos diñeiro en comparación co rico.

¿Que diferencia hai entre razón relevante e non relevante?
As razóns relevantes son aquelas que están basadas en fundamentos, por exemplo se un neno merece un anaco dunha torta e porque fixo algo ben e por iso recibe un premio. Sen embargo, as razóns non relevantes son as que non teñen fundamentos por exemplo, vou facer unha torta, fala sen ningún motivo concreto.


¿A que concepto de xustiza estase a referir Aristóteles?
Aristóteles estase a referir a xustiza como algo imprescindible para a sociedade e unha comunidade que establece unhas normas para que isto funcione.


¿Son compatibles as normas de convivencia co individualismo?
Non son compatibles pois o individualismo é a actitude que leva a actuar e pensar de modo independente, pero con respecto aos demais e as normas establecidas. O individualismo leva a actuar dandolle prioridade aos dereitos do individuo fronte os das estructuras sociais.

No hay comentarios: