jueves, 13 de diciembre de 2007

CONFERENCIA SOBRE OS CONFLICTOS TERRITORIAIS E DEREITOS HUMANOS DO PROFESOR CARLOS RUÍZ MIGUÉLEZ

¿Cómo se pode xestionar un campamento de refuxiados e a vez ofrecer dereitos básicos como a sanidade e a educación?


Pódeno facer grazas a axuda internacional que reciben do exterior, por exemplo as ONGs europeas. Grazas a esta axuda teñen a mellor sanidade de África e contan con profesores e medicos de Cuba, Arxelia e outros países.

martes, 11 de diciembre de 2007

HISTORICIDADE DOS DEREITOS HUMANOS

Os dereitos humanos son os dereitos naturais que ten o home. O longo da historia podese dividir en varias xeracións:
Na Primeira Xeración dos Dereitos Humanos tamén denominada a Xeración de dereitos individuais proclaman a liberdade relixiosa, a liberdade de conciencia e a propiedade privada.
Isto sucede cando nace o Estado de Dereito, rachase unha sociedade estamental e aparece a idea da igualdade de todos os cidadáns ante a lei. Estes temas que se declaran son tamén tratados na actual Declaración Dos Dereitos Humanos donde se defende a liberdade de pensamento e a propiedade privada, estes que son dereitos inalienables, cousa que non quita que en moitos casos se incumpran.
Na Segunda Xeración dos Dereitos Humanos tamén denominada a Xeración dos dereitos colectivos o proletariado industrial reclama os dereitos económicos e sociais. Esquécese a discriminación pola condición social a que pertenzas e desaparecen barreiras sociais con respecto a isto. Estes temas trátanse na actual Declaración Dos Dereitos Humanos donde claramente di que ningunha persoa ha de ser discriminada pola etnia a que pertenza, pola súa condición social ou pola relixión a que pertenzan.
Na Terceira Xeración dos Dereitos Humanos ou tamén chamada a Xeracion do Dereito a Igualdade na Diversidade proclámanse os dereitos das mulleres, a paz, medio ambiente e autodeterminación dos pobos; respeto colectivo, a naturaleza, a solidariedade e o respeto mutuo. Nesta xeración faise especial fincapé en que as mulleres están nas mesmas condicións que os homes, como tamén se pon enfase en en que calquera persoa independentemente da etnia a que pertenza ou a cor que teña, teñen os mesmos dereitos sexan como sexan. Tamén se fai referencia a liberdade da que deben gozar todos os individuos, cousa que xa aparece na Primeira Xeración, como tamén se dirixe a igualdade que son os chamados Dereitos Colectivos da Segunda Xeración e un dereito a fraternidade que establece esta Terceira Xeración promulgando a alianza e igualdade entre individuos de condicións diferentes. A paz entre pobos tamén ven recollida así como que todos os pobos poidan autodeterminarse como o vexan convinte e como queiran dentro como non da legalidade de cada país.
Case todo isto que se ve recollido nas tres xeracións está claramente recollido na actual Declaración Dos Dereitos Humanos e case todo o que inclúe está sen modificar. Que isto este recollido na Declaración De Dereitos Humanos non quere dicir que non se incumpran nalgúns casos a maioría dos dereitos os que fan referencia.

lunes, 10 de diciembre de 2007

FEMINIZACIÓN DA POBREZA

A discriminación de xénero existe en todo o mundo e en tódalas situacións. Esta é unha das principais causas de pobreza xa que debido a que es mulleres non poden encontrar traballo e hasta non poder ter educación para prepararse. Ademais cando as mulleres traballan vese unha notable diferencia entre os soldos dos homes e os soldos das mulleres porque aínda que un home e unha muller que teñan o mesmo traballo na maioría dos casos sempre vai cobrar máis o home que a muller, so en casos moi minoritarios acontece o contrario e sole acontecer nos países desenvolvidos, onde a discriminación feminina non e tan notable como noutros países. Debido a isto as mulleres sempre van ser máis pobres que os homes.

As cifras que sabemos sobre o traballo e todo o que acontece a redor das mulleres son impactantes xa que o 70% das persoas pobres son mulleres ademais, dous tercios da poboación analfabeta son mulleres, isto dáse sobre todo nos países subdesenvolvidos, en África por exemplo onde case ningunha muller traballa e case todas son analfabetas xa que so se dedican a coidar o gran número de fillos que ten cada unha.
En canto a sanidade das mulleres é pésima xa que miles de mulleres morren cada ano debido as malas condicións que teñen por exemplo para dar a luz xa que moitas delas xa nin sequera o fan nun hospital. Tamén hai que sumar os abortos que se producen tamén en moi malas condicións, fomentando así o contaxio de enfermidades como por exemplo o SIDA.
En canto á política en Galicia, ata hai pouco, a participación da muller era case nula, xa que so o 10% dos escanos do parlamento son mulleres pero peor e o dato se miramos os postos dos gabinetes estatais porque só un 6% son mulleres.

Os exemplos mais claros de discriminación de xénero vense en África, Asia e en América Latina onde a discriminación se ve en tódolos sentidos, no traballo, na educación, etc.

Se nos fixamos nas cifras que hai no mundo entre mulleres e homes veremos unha clara diferencia n que en case tódolos países hai máis homes ca mulleres. Un exemplo moi claro e china xa que debido a nova lei que adoptaron de que cada familia só pode ter un fillo a maioría das familias optan por ter un neno en vez de unha nena porque para eles ten máis futuro, esto e unha proba clara de discriminación de xénero. Debido a isto é porque hai tantas nenas chinesas danse en adopción. Se nos fixamos nos datos da India e de África Subsahariana veremos que acontece o mesmo, o número de homes supera o das mulleres.

En conclusión podemos ver que en case todo o mundo hai unha forte discriminación contra as mulleres e que dunha maneira ou doutra temos que buscar a maneira de acabar con ela, iso solo esta nas nosas mans e somos nos quen o pode solucionar.

viernes, 7 de diciembre de 2007

OS DEREITOS HUMANOS RECOLLIDOS NA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

A constitución española actual recolle dereitos fundamentais tamén recollidos na declaración universal dos dereitos humanos:
Dereito á vida e a integridade física e moral, sin que, en ningún caso, poidan ser sometidos a torturas nin a penas nin tratos inhumanos ou degradantes.
Dereito á liberdade ideoloxica, relixiosa e de culto de todos os individuos e comunidades sen limitacións. Dereito á liberdade física e seguridade.
Dereito á privacidade persoal e familiar. Dereito á elixir o lugar de residencia. Dereito de liberdade de prensa. Dereito de reunirse pacificamente sen a utilización de armas. Dereito de asociación. Dereito a participar en asuntos públicos. Dereito a un xuízo xusto. Dereito á presunción de inocencia. Dereito á educación. Dereito a manifestacións sindicais. Dereito a defender a súa patria.

jueves, 29 de noviembre de 2007

O PENSAMENTO DOS ANTIGOS FILÓSOFOS

Na Declaración Dos Dereitos Humanos hai polo menos un artigo no que fai referencia a que todas as persoas son iguais e que, todas as persoas serán tratadas indiferentemente de sexo, etnia ou condición social. Pero diversos filósofos ó longo da historia da humanidade non pensaban así cousa que se ve reflectida o longo das súas obras.

Aristóteles no seu libro “A xeración dos animais” afirmaba que a femia é un macho deforme cousa que non é certa, porque as femias está feita de tal maneira para poder ter descendencia despois de teren relacións sexuais cos machos.

“Ante todo a muller é un boi de labranza”: esta afirmación de Hesíodo quere reflexar, que na antigüidade debido a ideoloxía machista daquela época críase, que a muller fora ideada unicamente para traballar.

Aristóteles tamén afirma no seu libro “A política” que o home é o que debe mandar sobre a unidade familiar dado que, o home é mais apto para a dirección que a muller, tamén así, hai preferencia de maior a menor; por este motivo dise que invocou Homero a Zeus “pai do home e dos deuses”, a el, que é “rei de todos eles”. Isto reflexa a clara idea machista que había antigamente.

Tomás de Aquino nas súas tres obxeccións di, dada a súa clara ideoloxía machista que, a muller foi creada para un mero traballo de reprodución, tamén di que a muller debe ser gobernada polo home dado que este é o mais sabio e a muller débese someter as ordes do home todo isto é dito no nome de Deus. E claramente reflexa o gran poder machista e de discriminación de xénero á que incitan a maioría das relixións ou das crenzas.

Schopenhauer un filósofo alemán revela no seu traballo “As mulleres” que, estas non están destinadas a traballos de gran esforzo tanto físico como intelectual dada a súa anatomía. E tamén afirma que a muller nunca madura e que queda nun estado de nena grande como a medio camiño. Aquí vese reflexado o papel inferior que tiña a muller na antiga sociedade
.
Nietzsche en “Así falou Zaratrusta” dinos que a muller é un xoguete para o home e que soamente é destinada a muller como motivo de ocio. E tamén di que a felicidade do home é soamente o “eu quero” e a felicidade da muller é o que “el quere” cousa que é automaticamente descartable porque a felicidade dos dous non é loxicamente a felicidade do home. Pois a muller non ten que facer feliz ó home para ela ser feliz isto claramente, é unha mostra de machismo.

Aristóteles en “A política I” di que cada persoa nace destinada para unha tarefa e intenta xustificar o papel da escravitude e da nobreza na antiga sociedade. E así di que os escravos son escravos porque non teñen capacidade para ser outra cousa e entón o rei e os nobres son privilexiados porque Deus así o quixo, e eles teñen capacidade para iso pois son mais listos e os mais adecuados para rexer o futuro da sociedade. Isto claramente non é certo pois todas as persoas son iguais e deben ser tratadas como iguais. Calquera persoa de calquera etnia ou condición social pode ascender na sociedade pois outra cousa é que non teña medios.

Francisco Rubio Llorente no seu traballo “Manuscritos Económico-filosóficos de Marx” denuncia que os nobres do antigo réxime necesitaban recorrer a diferenza racial para xustificar que escravizaran ás persoas de cor facéndoos traballar de 14 a 16 horas diarias e que estas viran como tamén era escravizada a súa descendencia e prostituídas as súas fillas. E todo isto debido a que non eran da mesma cor. Isto non é normal pois as persoas non deben ser discriminadas por ningún motivo.

Benjamín Constant no seu traballo “Principios de Política” quérenos dicir que os campesiños aínda por encima de que foron explotados polos nobres, non tiñan dereitos electorais nin dereito de opinar nin nada e só se beneficiaban indirectamente dos privilexios dos que gozaban os nobres e eran utilizados como “elementos de tiranía”. Isto non debería de ser así dado que todos xa que eran gobernados deberían de ter dereito de opinar sobre o goberno.

José A. Gómez Yáñez no seu traballo “Eleccións primarias e reformas políticas” para o xornal El País dinos que en 1940 as persoas de cor non tiñan nalgúns lugares dereito electoral. Cousa que non debería de ser así pois todos deben de ter dereito a opinar sobre todo e como non na política.

Rosseau no seu “Discurso sobre a orixe e os fundamentos da desigualdade entre os homes” di que non hai desigualdade de razas así como non hai desigualdades entre diversas culturas. Pero, como un neno non pode guiar a un ancián e un parvo a un sabio a desigualdade sempre estará presente mentres que unha multitude famenta carece do indispensable. Cousa que en parte está moi ben pero todos temos os mesmos dereitos a avanzar e esta non é maneira de xustificar as cousas.

miércoles, 28 de noviembre de 2007

VIOLENCIA DE XÉNERO

¿Qué che suxire?

Que se producen moitos asasinatos, nos que o agresor é o conxugue ou exconxugue, compañeiro sentimental ou excompañeiro sentimental,mozo ou exmozo.



¿Por qué cres que pasa isto?

Isto debese a que o home se sente superior e dono da muller, e cando se da conta de que non é asi intenta sometela recurrindo a violencia.


¿Para que serve a violencia? ¿Conseguese algo con ela?

Para o único que serve e para rematar coa vida das persoas e facer que este mundo sexa inavitable, e isto é o que se consegue.


¿A violencia é un método para resolver conflictos?

Non, máis que para resolvelos é para crealos.


¿Recurres a violencia para resolver problemas?

Non, recurro ó diálogo.


Propón solucións para que isto non suceda.

Eu penso que se se educa dende moi pequenos sen utilizar a violencia como método educativo, non se empregaría

viernes, 26 de octubre de 2007

NOTICIAS



A ESCRAVITUDE EN MAURITANIA
Venres 26 de outubro de 2007
ONGs mauritanas e internacionais denuncia tolerancia do goberno mauritano frente a prácticas de escravitude en Mauritania pese a que está oficialmente abolida dende 1981.





VIOLENCIA DE XÉNERO
O 25 de novembro celebrouse o Dia Internacional contra a violencia de xénero.

viernes, 19 de octubre de 2007

OS DEREITOS HUMANOS

A declaración dos dereitos humanos recolle unha serie de dereitos esenciais para vivir en sociedade. Os dereitos esenciais son:
-Liberdade de expresión

-Educación
-Ter unha nacionalidade
-
Igualdade


-Integridade física e psíquica



Esto ímolo analizar desde diferentes factores humanos:



ECONÓMICOS

A economía a cal se ve reflictida na Segunda Xeración Dos Dereitos Humanos, inflúe nos dereitos debido a que, as persoas que teñen diñeiro poden permitirse mellor calidade de vida e saltarse algún dereito, mentres que as que non o posúen teñen máis dificultades para conseguir algún destes dereitos como: educación, igualdade, vivenda e posuír unha nacionalidade.
As persoas sen diñeiro obrinas a traballar e incluso os nenos, estamos a falar da escravitude.


A relixión, o idioma e a xeografía foron as forzas unificadoras entre os pobos árabes a través da sua larga historia. A riqueza de Arabia Saudí, sustentada polas suas enormes reservas petroleiras, contrastada visiblemente ca pobreza que e posible encontrar noutros lugares do mundo árabe. Tal como se mostra nesta fotografía.



POLÍTICOS


A política é unhas das grandes razóns polas cales os dereitos humanos non se cumpren. A política aplicada nos Dereitos Humanos son maioritariamente proclamados na Primeira e na Segunda Xeración Dos Dereitos Humanos. Aplicando isto chegamos á conclusión de que os políticos de todo o mundo non se poñen de acordo e uns decláranlle a guerra a outros privando á poboación militar que mandan á guerra do dereito á vida e tamén á poboación civil que morre nesas grandes masacres. Outras das razóns polas que a política inflúe no incumplimento dos dereitos é que algúns políticos establecen un réxime dictatorial no país que gobernan sometendo á poboación e privándoa de dereitos fundamentais:
-Liberdade de expresión, educación, integridade física e psíquica, dereito a unha vivenda digna, dereito a vida, e outros moitos dereitos que a dictadura priva a un pobo. Como conclusión a política inflúe moito pois os políticos son os que elaboran as leis e nas súas mans está que se cumplan.




RELIXIOSOS


A relixión que se proclama fundamentalmente na Primeira Xeración Dos Dereitos Humanos é unha das razóns polas cales non se cumpren estes dereitos aínda que algún se cumpre, como por exemplo o dereito de escoller unha relixión, debido a que non poden privar a ninguén de escoller a súa propia relixión, aínda que non lles guste. Tamén hai dereitos que non se cumpren debido a que a relixión é moi cerrada en canto a cambiar as súas reglas xerais, como por exemplo: as relación entre homosexuais, ou a utilización do velo, a educación das mulleres a partir dos 12 anos.



HISTÓRICOS


Na Declaración de Dereitos Humanos fanse notar unha serie de dereitos históricos os cales se ven reflictidos tanto na Primeira como na Segunda e na Terceira Xeración Dos Dereitos Humanos.

Algúns Estados ata non hai moito eran colonias de outros países e había discriminación cara os indíxenas, como tamén nalgúns Estados a escravitude estaba e está vixente.

Ante a lei as persoas sospeitosas de non incumplila aplicábanse diversas torturas.

Tamén podemos ver que nalgúns Estados non hai fronteiras debido a que no pasado non as houbo e isto fai que as persoas que viven neses Estados non teñan unha nacionalidade.

CONCLUSIÓN

Ainda que na Declaración de Dereitos Humanos os dereitos non se cumpran en moitos casos, son normas que todos os cidadáns debemos respetar.Todos somos iguais ante a lei e debemos respetarnos uns os outros con isto quero decir que a liberdade dunha persoa remata onde comeza a dos demais.Os estados non teñen a obrigación de cumprilas pero están recollidas nas constitucións de cada país e son leis superficiais que non se cumpren na maioría dos casos.Nos países subdesenvolvidos os dereitos que normalmente non se cumpren son:-Violencia contra as mulleres.-Crimes de guerra-Asasinatos-Violación dos dereitos dos nenos-Torturas y violacións dos dereitos humanos en campos de detención e cárceres-Discriminación racial ou relixiosa-Violación dos dereitos a liberdade persoal e de relixión.

miércoles, 17 de octubre de 2007

ÉTICA E FILOSOFÍA DO DEREITO

Grupo composto por:
-Lara Iglesias Iglesias
-Patricia Villamayor Silva
-Paula García Toimil
-Alba Gómez Rodríguez