jueves, 27 de marzo de 2008

PREGUNTAS DE FILOSOFÍA

1.-Hai algún tipo de norma que sexa válida para todos?
Eu penso que unha das normas máis comúns a todos é non matar en ningún caso respetando a liberdade dos demais.

2.-Se unha persoa opina que se pode matar nalgúns casos e outra opina que non se pode en ningún caso cal ten a razón según a tua opinión?
Eu opino que non se debe matar en ningún caso xa que debemos respetar a liberdade de cada persoa sempre cando esa respete a dos demais pero aínda que este non a respete non debemos castigalo coa morte.

3.-Se ti foses Europeo e un día unha personaxe misteriosa che di que "resolvoche todos os teus problemas simplemente con que desexes que un chino morra" que farías?
Eu non desexaria que o chino morrese xa que non se lle debe desexar a morte a ninguén


martes, 11 de marzo de 2008

OS PROCESOS XURÍDICOS

¿Cándo se considera que un acto é ilícito?

Cando non é permitido por a moral.

Non todos os actos ilícitos son delito. Pensa nunha acción que a meirande parte da xente considere mala e sen embargo non sexa considerada delito.

Roubar unha barra de pan cando levas unha semana sen comer

¿Cál é a razón de que non o sexa?

Que non atenta contra a moral de niguén, so necesita comer.

¿Cál é a característica esencial do delito?

Roubar.

Pon un exemplo dun acto ilícito que sexa delito e un que non o sexa.

-Acto ilícito violar a unha persoa.

-Acto lícito romper unha ventana.

¿En que casos dirías que existe responsabilidade do suxeito que actúa nos resultados da acción?

1ºUn profesor deixa que os alumnos copien nun exame saindo da aula, pero só co propósito de voltar a entrar e acusalos de copiar no exame: SI.

2ºUn alumno volta un libro roto á biblioteca por que o deixou tirado no patio: SI.

3ºTodos os alumnos dun centro suspenden o exame de selectivo pois todos cometen o mesmo erro porque o profesor explicouno mal: SI.

4ºA un conductor fallanlle os freos do seu coche e por ese motivo atropela a unha persoa que morre no acto: SI

5ºUn médico non é quen de levar a cabo unha operación por non dispor dos medios suficientes no hospital e o paciente morre: NON

6ºUn conductor borracho atropela a un peatón cruzando nun semáforo: SI

¿De qué tipo sería esa responsabilidade? Consulta para iso a diferencia entre responsabilidade obxectiva e subxectiva e entre responsabilidade civil ou penal.

-1º: responsabilidade obxectiva.

-2º: responsabilidade subxectiva.

-3º: responsabilidade obxectiva.

-4º: responsabilidade civil.

-5º: responsabilidade civil.

-6º:responsabilidade penal.

¿Cómo da comezo un proceso xudicial? ¿Pode haber un proceso sen acusado? ¿de qué tipo? ¿Cál é a función do fiscal nun proceso xudicial? ¿en calquera caso está presente o fiscal? ¿e a función do abogado defensor? ¿sempre ten que haber un abogado defensor? ¿pode mentir unha testemuña? ¿e o acusado? ¿pode a defensa ocultar probas? ¿e o fiscal?

Un proceso xudicial ten comezo cando un individuo ou unha institución infrinxe a lei que está establecida. Hai un proceso de búsqueda de acusado pero non hai xuizo a non ser que teñan un cabeza de turco entón o acusado pode ser ou non o que infrinxiu a lei. A función dun fiscal nun proceso xudicial é a de supervisar que se cumpra a lei. O fiscal está presente nos casos de difícil resolución especialmente, xa que, eles teñen que dar a súa opinión e en casos moi evidentes non hai lugar a dúbida. Sempre ten que haber unha persoa que exerza o papel de abogado defensor xa que toda persoa que se sospeite que infrinxiu a lei ten dereito a unha defensa, mellor ou peor pero defensa. A función deste abogado é a de defender ó acusado e buscar probas para que non o culpen. Unha testemuña anque está baixo xuramento pode mentir pois se non hai argumentos para contradecir o que afirma non pasa nada. O acusado se non o pillan pode mentir para a súa defensa, o abogado defensor tamén pode mentir ou manipular a información, e o fiscal non debería mentir, pois o seu deber é o de facer que se cumpra a lei.

¿Que tribunal xulgaría os seguintes delitos?
-A vulneración dos acordos dun contrato: tribunal constitucional.
-A queixa dun cidadán por imposto excesivo: xulgado de primeira estancia e interior
-Un delito de roubo: tribunal superior de xustiza.
-Un accidente de coche só con danos materiais e sen víctimas: a audiencia provincial.


XUÍZ OU XURADO

As persoas que deben ser elexidas como xurado deben ser moi diferentes, non poderían ser xurado persoas que teñan algunha relación coa víctima, persoas moi temperamentais, que se deixen levar polos sentimentos, persoas que sexan racistas, intolerantes... Un xurado debe ser imparcial e impartir o veredicto que considere adecuado para cada delito, sexa o delito que sexa. No noso país requírese a presenza dun xurado en xuízos de difícil resolución, especialmente en xuízos tales como asasinatos, fraudes, roubos, etc.

jueves, 6 de marzo de 2008

ENTREVISTA A UNHA EMIGRANTE A VENEZUELA

Cales foron as causas polas que emigraron?
As causas foron a escaseza de traballo tanto para homes como para mulleres e emigramos para conseguir unha mellora na situación económica.


Por que escolleron Venezuela para a súa emigración?
Escollemos Venezuela porque tiña o mesmo idioma e entendiámonos sen necesidade de aprender algún outro idioma.


Tardou moito en atopar traballo? En que comezou a traballar?
O traballo xa o levabamos buscado de aquí polo que nada máis chegar xa fomos para a casa onde traballamos no servizo doméstico. Eu encargábame do servizo da casa e o meu marido do xardín, de chofer do xefe e de mensaxeiro.


Sentíronse discriminados ou respectáronse tódolos seus dereitos?
Nunca nos sentimos discriminados senón que sempre nos ofrecían os xefes axuda cando a precisabamos. E os nosos dereitos foron plenamente respectados.


En Venezuela tiñan unha idea predeterminada dos galegos?
Si, e moi boa vían aos galegos como xente moi traballadora e alegre, se eras galego non tiñas problema en atopar traballo.


En que ano se foron? Canto tempo botaron alá? Volveron aquí de vacacións?
Marchámonos no ano1977 e botamos alí arredor de dezaoito anos volvendo para Galicia “a nosa terriña querida” cada dous anos corenta e cinco días que eran os que nos daban de vacacións.


Estrañaron Galicia o tempo que estiveron fola dela?
A Galicia tiña presente tódolos días nos meus pensamentos. Galicia e toda a miña familia que deixara aquí; ao principio durante os primeiros sete anos o noso fillo estaba en Venezuela con nós pero logo volveu para Galicia a estudar entón estrañabamos máis estar en Galicia.


Que lles sucedeu para volver para Galicia?
A persoa para a que estabamos traballando morreu entón consideramos ese un bo momento para volver aínda que traballo non nos faltaba pois as persoas da familia da persoa para a que traballabamos discutían por facernos unha oferta mellor pero nos rexeitamos toda oferta. Consideramos que ese era un bo momento para volver xunto a nosa familia en especial xunto ao noso fillo.


Azoran algún momento dos que pasaron alá?
Sobre todo os momentos que pasabamos na “Hermandad Gallega” onde nos xuntabamos os galegos residentes alá e xogabamos ao dominó e as cartas.


Fixeron moitas amizades alí? Volveron ver algunha?
Sí, algún volvéronse ver pois ou eran galegos e volveron e atopámonos e outros viñeron de vacacións a Galicia coñecer o lugar do mundo polo que nós tiñamos tanta morriña e ao velo entendéronnos; outros moitos non os volvemos ver e non sabemos nada deles.


Gustaríalle volver a Venezuela?
Si. Gustaríame pasar un inverno de aquí alá é fantástico. Rotundamente gustaríame algún día volver e ver como cambiou o lugar no que pasei moito tempo da miña vida.

miércoles, 5 de marzo de 2008

ENTREVISTA A UNHA EMIGRANTE A FRANCIA

Cales foron as causas que a levou a emigrar?
As causas polas que emigrei creo que foron as mesmas que levaron aos demais emigrantes a facelo pois aquí non había case traballo e menos para mulleres. O único traballo que aquí se atopaba para unha muller era o de costureira e traballabase desde que saía o sol ata que se poñía e só ganabas 10pesetas o mesmo que custaba un par de medias das mais malas. Para Francia cando marchei só levaba 10.000ptas que gastei todas na viaxe.

Por qué escolleu ese país para emigrar?
Escollín Francia pois nese país tiña a meu irmán e a súa familia. E non é o mesmo marchar para un país no cal non coñeces a ninguén con unha lingua diferente. Ao ter alí a meu irmán el axudou en todo o que puido.

Resultouche dificil atopar traballo? En que comezaches a traballar?
Atopar traballo non foi dificil pois xa o tiña buscado desde aquí asique ao día seguinte de chegar xa comecei a traballar como costureira nunha fábrica. Nesa fábrica había xente de todos os lugares do mundo: rusia, pero sobre todo española e galega.

Foi dificil aprender a desenvolverse nun país cun idioma diferente? Chegou a aprender francés?
No tempo que estiven alí non cheguei a aprender francés. Para desenvolverme ía comprar a centros comerciais grandes nos que non había que pedir nada. So cheguei a aprender do francés cousas básicas coma os números, para pagar e para saludar.

Respectaronse os seus dereitos como persoa? Sentiuse discriminada por ser extranxeira?
Sí, os dereitos respectaronseme e trataronme moi ben pois se traballabas respetabante como se te tratases dunha francesa máis, non había discriminación.

Había unha idea preconcebida dos galegos?
Sí, e eu vino como unha vantaxe pois aos galegos considerábannos moi traballadores e boas persoas. Ao decir que eras galega a reacción de todos os franceses era boa e tratábante mellor.

En que ano marchou? Cantos anos vouto en Francia?
Marchei arredor do ano 1963. Votei oito anos pero vindo para Galicia cada ano de vacacións para pasalas coa familia.

Cal foi a razón pola que voltou para Galicia?
Viñenme unhas vacacións e como os meus país non se atopaban moi ben de saude pois quedeime a coidalos.

Fixo moitas amizades alí?
Si sobre todo de xente galega que se atopaba na mesma situación ca min.

Gustaríalle volver a Francia?
Sí pero non para quedarme so para pasar unhas vacacións.


martes, 4 de marzo de 2008

REFORMA DA LEI SOBRE OS DEREITOS E LIBERDADES DOS EMIGRANTES EN ESPAÑA

O pasado día 3 de novembro de 2003 o Senado aprobou, sen modificacións, o texto do proxecto de Lei orgánica de reforma da Lei orgánica 4/2000, de 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social remitida polo Congreso dos Deputados.
A reforma persegue, seica e de acordo coa súa exposición de motivos, favorecer a inmigración legal mediante a mellora da xestión que se pretende conseguir con: a simplificación dos trámites administrativos, o perfeccionamento do réxime xurídico das situacións dos estranxeiros en España, a determinación dos tipos de visado e os efectos destes, e a loita contra o uso fraudulento dos procedementos administrativos de xestión nesta materia.
Tamén se pretende, aparentemente con máis teimosía, o reforzamento e, en definitiva, mellora dos medios e instrumentos sancionadores para loitar contra a inmigración ilegal e o tráfico de seres humanos.
Desde a perspectiva dos descendentes dos emigrantes españois o máis interesante é a modificación do sistema do continxente que incluirá a determinación por este dun número de visados que se lles poderán conceder aos netos de emigrantes para buscar emprego durante tres meses.
Este visado especial concederase tamén en determinados sectores de actividade sen necesidade de acreditar ese especial vínculo con España.
Os visados para busca de emprego autorizarán a desprazarse ao territorio español coa finalidade de buscar traballo durante un período que será considerado como de estancia (polo que, cando menos en principio, non contará para a adquisición da nacionalidade española) de tres meses, nos que poderá inscribirse nos servizos públicos de emprego correspondentes. Se transcorrido o dito prazo no obtiver un emprego, o estranxeiro quedará obrigado a saír do territorio.
Os cambios en materia de visados pretenden simplificar a xestión administrativa eliminando trámites innecesarios. Así o visado, unha vez que o estranxeiro entrou en España, habilitarao para permanecer na situación para a que lle foi expedido. Deste modo conéctase co visado un efecto novidoso xa que ata agora, o visado, unha vez que o estranxeiro entraba en España non producía ningún efecto. Co novo modelo, o visado habilitará para permanecer en territorio nacional na situación para a que teña sido concedido.
Este cambio aparentemente positivo ten unha contrapartida, xa que desaparece a posibilidade de obter a exención de visado, aínda que algúns dos supostos de feito que a posibilitaban seguirán facéndoo por outra vía ao quedar englobados no ámbito da autorización de residencia temporal por motivos excepcionais.
Outro dos aspectos que a nova lei modifica en profundidade é o réxime da reagrupación familiar que, a partir de agora, será máis restrictivo. Para evitar as chamadas reagrupacións en cadea, esixirase como presuposto para exercer este dereito por parte dos residentes que o fosen en virtude dunha previa reagrupación, que sexan titulares dunha autorización de residencia independente. Para acceder a esta autorización esixirase unha autorización previa para traballar.
A nova lei dificultará a realización dos trámites nos consulados por medio de representantes, que ata agora era práctica habitual, ao esixir que a maior parte dos trámites se realicen de maneira persoal.
Entre as medidas máis polémicas están as relacionadas co padrón municipal, a nova lei permitiralle á policía o acceso aos datos deste e incrementará os datos e documentación que os estranxeiros deberán facilitar para se inscribir nel, deste modo, probablemente, os inmigrantes irregulares deixarán de se inscribir no padrón ante o temor de que esta inscrición poida servir para que a policía os localice e expulse, co que perderán, na práctica, a posibilidade de acceder aos servizos públicos de saúde e educativos.
Para estes fins procédese á reforma da Lei de bases de réxime local.
A reforma modifica tamén a Lei de réxime xurídico das administracións públicas coa inserción dunha nova disposición adicional que incorporará unha remisión á Lei orgánica 4/2000, para que aos procedementos regulados nesta se lles apliquen as peculiaridades procedementais que agora se introducen con carácter novidoso.
Tamén se modifica a Lei de competencia desleal para incluír como conducta desleal a contratación de estranxeiros sen autorización para traballar obtida conforme ao disposto na lexislación sobre estranxeiría.
Capítulo á parte merecen as novas obrigas que se lle impoñen aos transportistas, aos que se acaba de converter na práctica nunha especie de novos gardiáns das fronteiras.
A lei entrará en vigor ao mes da súa publicación no BOE, o 21 de novembro do 2003.
Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2003.

A EMIGRACIÓN E OS DEREITOS HUMANOS EN GALICIA

O xefe do Executivo galego, Emilio Pérez Touriño, apostou hoxe pola necesidade de crear unha estratexia común, unha política común de convivencia para a integración das persoas inmigrantes como elemento clave na consecución dunha cidadanía plural e inclusiva. Un modelo que camiñe tal e como expresou Pérez Touriño, da coexistencia cara á convivencia.
Así o manifestou o presidente galego en Santiago no acto de constitución do Consello Galego da Inmigración, un órgano colexiado de carácter consultivo da Administración Autonómica en materia de política de inmigración, no que están representados todos os axentes implicados. En palabras de Pérez Touriño, este órgano simboliza o compromiso do Goberno galego de elaborar políticas integrais e participativas no eido da inmigración.

O Consello Galego da Inmigración terá plenos poderes e nel recaerán as competencias na contribución do desenvolvemento dunha política activa e integral de inmigración. O presidente da Xunta agradeceu a presenza dos integrantes aos que lles pediu implicación e colaboración no deseño e implantación dunha política de inmigración que vertebre potentes estratexias, capaces de afondar na construción dunha convivencia respectuosa da diversidade e dos dereitos e deberes da cidadanía.

Gran pacto en política de inmigración
Na súa intervención, o presidente galego lembrou o compromiso que lle trasladou na III Conferencia de Presidentes celebrada en Madrid o pasado mes de xaneiro ao presidente do Goberno central e aos presidentes das comunidades autónomas a favor dun gran pacto en política de inmigración. Trátase, segundo lembrou Pérez Touriño, de plantexar dende o consenso, a corresponsabilidade e colaboración institucional un gran acordo social para a convivencia intercultural no que todas as administracións asuman unha estratexia compartida e dialogada.

Esta proposta reflicte, segundo o presidente autonómico, a posición do Goberno galego con respecto ás políticas de inmigración. Pérez Touriño reiterou como xa o fixera na Conferencia de Presidentes, que o fenómeno inmigratorio se ten que afrontar como unha oportunidade, extraendo del os seus moitos aspectos positivos e aminorando en todo o posible os efectos negativos, habitualmente asociados á precariedade laboral e á integración.

Neste sentido, o máximo mandatario galego apostou por un modelo que camiñe da coexistencia cara a convivencia, un modelo propio de convivencia que responda a novas formas de entender a relación cidadá nunha sociedade multiétnica, multilingüística e pluriidentitaria. Tendo en conta isto, Pérez Touriño avogou por definir políticas públicas que asuman que a convivencia intercultural, o que significa integración social aínda que tamén respecto ás diferenzas culturais e diálogo.

Plan Galego da Inmigración
Co gallo da creación do Consello Galego de Inmigración, o presidente da Xunta presentou para avaliación e emisión de informe perceptivo do Consello, o borrador do Plan Galego da inmigración 2007-2010, como unha das primeiras iniciativas para promover unha incorporación real e plena dos cidadáns inmigrantes.

Tal e como explicou o xefe do Executivo galego, o borrador do plan recolle máis de 300 accións que parten da información do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais e dos datos do estudo realizado pola Secretaría Xeral de Análise e Proxección sobre percepción e actitudes da inmigración en Galicia. Deste estudo tíranse entre outros datos, como explicou o propio presidente, que a sociedade galega é unha sociedade aberta e tolerante, sen prexuízos cara a chegada de inmigrantes. De feito, segundo explicou, o 90,9 por cento dos galegos pensan que toda persoa debería ter a liberdade para vivir e traballar en calquera país, aínda que non sexa o seu. E un 79,3 por cento pensan que a diversidade nun país é positiva.

Ademais disto, Pérez Touriño expresou que o plan é froito de máis de 10 xuntanzas de traballo con representantes do Observatorio Galego de Inmigración e de Loita contra o Racismo e a Xenofobia e salientou que o plan persegue que as accións dos diferentes actores públicos e sociais vaian na mesma dirección, na busca de obxectivos comúns e compartidos.

MIGRACIÓN


Migración, é o termo que designa os cambios de residencia mais ou menos permanentes, case sempre debidos a factores económicos, laborais, sociolóxicos ou políticos. Débese distinguir entre emigración e inmigración. A emigración mira o fenómeno dende o país que abandona o emigrante para establecerse noutro diferente, e a inmigración contemplao desde a perspectiva do país de acollida.
Dende a metade do século XIX foi considerado o dereito a emigrar coma algo que deriva da propia concepción do home coma un ser racional e libre. E así aparece consagrado na Declaración Universal dos Dereitos do Home, na Carta Social Europea e no Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos. As constitucións e leis nacionais recoñecen o dereito dos cidadáns a saír do territorio e consideran emigrantes a quen fundamenta ou xustifica o seu desprazamento en razóns laborais ou profesionais.
Sen embargo, examinada a cuestión dende o punto de vista do país de acollida, os dereitos dos inmigrantes non son en realidade os mesmos que os dereitos dos nacionais, dada a existencia en numerosos Estados de normas restrictivas en materia de inmigración. En determinados países occidentais resultan emblemáticas as leis de inmigración, resultantes dos conflictos laborais que leva a masiva afluencia de traballadores doutros países, e así tamén son unha forma sesgada de entender os problemas de orden público, que dexenera en auténticas situación de gueto e en actitudes racistas ou xenófobas asumidas por algúns sectores sociais.
Hai unha enorme proliferación de lexislación e de tratados e convenios internacionais, tanto bilaterais coma multilaterais, que regulan aspectos laborais, familiares, educativos, asistenciais e outros sobre esta materia. A existencia de organizacións como a Unión Europea supón a mesma consideración de un traballador nacional e de outro que sexa cidadán doutro Estado da Unión, dado o principio de liberdade de traballo e de circulación en calquera Estado membro.