viernes, 25 de enero de 2008

O HOME COMO SER SOCIAL

O home sería capaz de vivir en sociedade?

Non, o home non é capaz de vivir fora da sociedade pois necesita ter unha relación social cas outras persoas. O ser humano necesita estar rexido por unha reglas para guiarse da mellor forma. E así que haxa institucións para seguir as normas e que se aseguren disto. Así que, en conclusión, temos que vivir en sociedade para ter garantida a nosa integridade física e a nosa supervivencia.

miércoles, 23 de enero de 2008

O PAPEL DA MULLER NO MUNDO ÁRABE

No mesmo corazón do mundo árabe, en Exipto, a principios do século XX un movemento feminista influínte, amplo e progresista que na actualidade considérase un movemento realmente inspirador para o papel da muller na actualidade.
O Islam supuxo un avance na situación da muller respecto as sociedades árabes pre-islámicas. A busqueda no Corán a favor da inferioridade da muller é o mesmo que tentalo buscar na biblia, pois nos dous hai claros indicios da inferioridade da muller.
A situación da muller na sociedade árabe, que existe en menor ou maior grao, non é debida a un suposto instinto machista, senón a unha política autoritaria de certos poderes interesados en fomentar o inmovilismo social.
Determinados movementos islamistas trataron de insertar a muller na sociedade con límites como a segregación sexual do espazo ou a obligación de levar o pano islámico ou "hiyab". Estas condicións impostas á socialización feminina expresan un desexo de modernidade con diferencia da occidental. O rexeitamento rotundo, como no caso de Francia, a levar o pano islámico nos colexios, mostra hasta que punto as sociedades que din ser "abertas" escandalízanse ante o estraño, presentando todos os síntomas de unha cultura "cerrada" e a defensiva.

miércoles, 9 de enero de 2008

INSTRUMENTOS INTERNACIONAIS DOS DEREITOS HUMANOS NAS TRES XERACIÓNS

Ó longo das Tres Xeracións dos Dereitos Humanos houbo algúns elementos cruciais para o desenvolvemento de estas.

Na Primeira Xeración Dos Dereitos Humanos ou tamén chamada a Xeración Dos Dereitos Individuais afectan de forma crucial os seguintes Instrumentos Internacionais Dos Dereitos Humanos:
-Carta das Nacións Unidas.
-Carta Internacional dos Dereitos Humanos.
-Os Defensores dos Dereitos Humanos.
-Proclamación de Teherán.
-Dereitos de Libre Determinación.
-Dereitos da muller.
-Dereitos do neno.
-Escravitude, servidume, traballo forzoso e institucións e prácticas análogas.

Na Segunda Declaración Dos Dereitos Humanos ou tamén chamada a Declaración Dos Dereitos Colectivos fanse notar algúns documentos en común coa primeira pero, tamén outros, tanto uns coma outros practicamente cruciais:
-Carta das Nacións Unidas.
-Carta Internacional dos Dereitos Humanos
-Os Defensores dos Dereitos Humanos.
-Proclamación de Teherán.
-Prevención da discriminación.
-Os Dereitos Humanos na Administración da Xustiza.
-Liberdade de información.
-Liberdade de asociación.
-Emprego.
-Matrimonio e familia.
-Crimes de guerra, contra a humanidade, incluso xenocidio.
-Dereito Humanitario.

Na Terceira Xeración Dos Dereitos Humanos ou tamén chamada a Xeración do Dereito a Igualdade entre a Diversidade vense reflictidos os seguintes instrumentos internacionais case cruciais para o desenvolvemento desta xeración:
-Benestar, progreso e desenrolo social.
-Dereito a disfrutar da cultura, desenrolo e cooperación cultural internacional.
-Nacionalidade, apatridia, asilo e refuxiados.
-Dereito Humanitario.