jueves, 28 de febrero de 2008

CATÁSTROFES EN CADEA

Neste accidente provocanse danos inconscientes e en cadea, xa que trala frenada repentina de Xoán por ver cruzar a unha modelo famosa, María, que ía detrás, choca co coche de Xoán e por iso dá coa cabeza no parabrisas, por iso a nai de María que ía no asento do copiloto e padece do corazón e dalle un ataque ó ver á súa filla coa cabeza ensangrentada, Xoán tenta axudalas chamando a unha ambulancia e estes están distraídos e chegan corenta e cinco minutos tarde, provocando así que algunhas lesións da nai, e para rematala a María roubanlle a carteira, e a nai de María intérnana 15 días, a ela que depende do seu traballo para poder sobreviviren.
Isto ten lugar xa que se non frenara Xoán repentinamente nada de isto oubera sucedido, así que o principal culpable é Xoán, pero todos teñen culpa xa que María tiña que ter certa distancia de seguridade para así non ter chocado por detrás, e os médicos deberían de estar atentos así que todos teñen algo de culpa.
O castigo debería de ser para todos así que todos teñen culpa. Anque quizais os que mais culpa teñan son os encargados das ambulancias, pois estaban de servicio e terían que cumprir co seu deber.

martes, 26 de febrero de 2008

DOCE PERFILES PARA COMPOÑER UN XURADO

Un xurado popular está composto por persoas do pobo pois cada persoa está dotada dun concepto intuitivo de xustiza. Un xurado podería estar composto por; por exemplo:
Un/a médico/a, un/a empresario, un/a director/a dunha empresa, un/a enfermeiro/a, un/a obreiro/a do sector da construción, un/a obreiro/a do sector textil, un/a persoa en paro, un/a xubilado/a, un/a secretario/a, un/a traballador/a social, un/a traballador/a do ensino, un/a exconvicto/a.
Estas persoas deberian non se coñecer, deberían de ter diferentes relixións, deberían de ser de diferente etnia e o xénero debería estar equilibrado.

jueves, 21 de febrero de 2008

RESPOSTAS AS CUESTIÓNS SOBRE OS DEREITOS HUMANOS

1-¿Qué defende o positivismo xurídico?
As teorías do positivismo xurídico afirman que non existen dereitos previos á formación da sociedade, pois é a sociedade a que proporciona e garante os dereitos (que no estado de natureza non existen). O positivismo xurídico afirma que os chamados dereitos humanos son, en realidade, dereitos fundamentais recollidos no momento do pacto social e resultado do acordo entre os individuos. Un representante importante deste tipo de fundamentación é o xurista Kelsen

2-¿Que quere decir que os dereitos humanos son dereitos naturais?
Podemos entender que os dereitos humanos proveñen da propia natureza humana e son previos a calquera forma de organización social. Neste caso, os dereitos humanos entendense como dereitos naturais. Se entendemos que estes dereitos son naturais, faise necesario investigar cal é a súa orixe e como se fundamentan. Nalgúns casos, esta orixe pretende buscarse na vontade de Deus, pois crese que o ser humano lle debe a Deus a súa existencia e o seu modo de ser. Noutros casos, alleos a unha configuración relixiosa do mundo, buscase un tipo de fundamentacion diferente, baseado na racionalidade humana, a súa igualdade ou nalgunha outra característica presente en todos os seres humanos.

3-¿Que problemas percibes para a implantación internacional dos dereitos humanos?
Na sociedade actual hai un amplo espectro de problemas relacionados cos dereitos humanos sobre os que se poden discutir:
-Os dereitos das mulleres xóvenes e dos nenos.
-A construcción dunha sociedade civil.
-Os dereitos dos xóvenes homosexuais.
-A pobreza e o traballa infantil.
-A creación dunha maior conciencia acerca dos refuxiados e das persoas que buscan asilo.
Hai unha serie de ONG's que abordan problemas que van desde a educación comunitaria ata proxectos que teñen como obxetivo o empleo da arte como medio para fomentar a armonía social.

4-Caracteristicas dos dereitos humanos?
Os dereitos humanos resumen unhas series de características que teñen que ser comúns a toda a humanidade polo simple feito pertencer á humanidade. Isto vese recollido nalgunhas constitucións anque noutras son pasados por alto completamente.
Os dereitos humanos podemos entendelos de varias maneiras pero, teñen unha serie de características:
-Son inalienables: non poden ser negados nin outorgados por ningunha institución xa que preceden a elas.
-Son universais: xa que son válidos para toda persoa, independientemente do lugar de residencia, da cultura, da posición social, da etnia a que pertenzas, da relixión, etc.

5-Qué quere decir iusnaturalismo?
O iusnaturalismo é unha corrente da filosofía do dereito que afirma que alomenos unha parte das
normas convencionais do dereito e a moral están asentadas en principios universais e inmutables; este conxunto de normas conforman o dereito natural.A orixe dos principios do dereito natural, dependendo do autor, e dado por Deus, a Natureza ou a Razón.
Para os iusnaturalistas, as normas que se poñen en contra destos principios son inxustas e carecen de imperatividade legal, aínda cando foron promulgadas pola autoridade competente cumprindo os requisitos formais esixidos. Tradicionalmente o iusnaturalismo contrapúxose ó iuspositivismo, pois dende éste a validez de norma xurídica e independente do seu valor moral.

Na actualidade a maioría das teorías xurídicas son teorías eclécticas. Poucos autores se cenen os extremos de cada unha de elas.O iusnaturalismo pode contrapoñerse tamén o chamado contractualismo ou convencionalismo.
Na actualidade a maioría das teorías xurídicas son teorías eclécticas. Poucos autores se cenen os extremos de cada unha de elas.
O iusnaturalismo pode contrapoñerse tamén o chamado contractualismo ou convencionalismo.
Diferencias entre a fundamentación ética, teolóxica, política e historicista??
A Fundamentacións ética:
A fundamentación ética tenta fundamentar os dereitos humanos acudindo a fonte que os xera, é dicir, á súa orixe. Este tipo de fundamentación baséase na posición iusnaturalista e consiste en afirmar que os dereitos humanos son vinculantes e válidos porque teñen a súa orixe nunha orde anterior á formación da comunidade humana. Podemos distinguir alomenos tres tipos de fundamentación ética, dependendo de onde sitúen a orixe desa orde natural previa á implantación da lei positiva.
Fundamentación teolóxica:
A fundamentación teolóxica e a que afirma que a orde natural procede de Deus, que é o creador do home e a lei que define á súa natureza. Este tipo de fundamentación presente xa en Grecia e Roma, acada o seu apoxeo na Idade Media na figura de Tomás de Aquino. Tomás de Aquino afirma que o ser humano coñece parte da orde natural a través da Revelación e da súa propia razón, e este coñecemento permítelle establecer os preceptos básicos que deben rexer a súa vida, por riba de calquera lei positiva. Como esta orde ten como fundamento a lei divina sempre coincidirán, aínda que sempre será superior a lei divina. A fundamentación teolóxica dos dereitos humanos presenta o grave inconveniente de facer depender a validez dos mesmos nas crenzas relixiosas, que fundamentalmente non son asunto de razón, senón de fe. Desta forma podemos afirmar que, persoas non crentes e estados non confesionais non terían que respectar os dereitos humanos e, a súa implantación non podería chegar a ser nunca universal. Por outra parte só algunhas relixións, como o cristianismo, parten do ideal de igualdade dos seres humanos, imprescindible para unha universalización dos dereitos humanos.
Fundamentación historicista:
A fundamentación historicista foi defendida durante a preparación da Declaración Universal e entende que os dereitos humanos son o resultado das necesidade e valores de cada sociedade e cada época histórica. O seu principal defensor foi B. Groce. Este tipo de fundamentación fai da Declaración de Dereitos Humanos un documento en perpetua revisión e transformación.
Fundamentación política:
Desde a práctica da política faise necesario tamén dar razón da validez e funcionalidade dos Dereitos Humanos. A este respecto atopamos dúas grandes teorías:
- As teorías do consenso: son aquelas que fundamentan os dereitos humanos no consenso social, ou ben sexa producto dun pacto orixinario ( o principal respresentante desta tendencia é J. Rawls), ou sexa ben como producto dun diálogo permanente e universal que producirá sucesivos acordos que irán perfeccionándose (o principal respresentante desta tendencia é J. Habermas). As teorías do consenso tentan presentar os dereitos humanos como un acordo democrático fundado na racionalidade do ser humano e, en moitos casos, usan fundamentación éticas para dar razón dese acordo.
-As teorías do disenso: son aquelas que tentan fundamentar os Dereitos Humanos facendo deles o único instrumento que permite canalizar a disconformidade dunha persoa, grupo ou pobo coa orde social existente. Este tipo de fundamentación está en consonancia co proceso histórico que deu orixe á Declaración (pragado de loitas, manifestacións contra distintas ordes sociais establecidas por costume ou tamén por acordo). O seu principal representante é N. Bobbio.

miércoles, 20 de febrero de 2008

LEXITIMIDADE

¿É legal sinónimo de lexítimo?

Depende xa que lexítimo ten varios significados, un deles e que está prmitido pola lei e outro deles é que é xusto e razoable.

Segun estes significados podese decir que o primeiro significado si que é sinónimo de lexítimo. En cambio se o que tomamos en conta o segundo significado, entonces non é sinónimo xa que hai moitas leis que non son xustas non razoables.

¿En que casos sería lexítimo a desobediencia civil?

As leis sempre se deben obecer pero nalgúns casos desobedelas non sería iléxitimo xa que hai leis que están en contra dos fundamentos morais, polo que non obecer non sería ilexítimo xa que así estaras actuando razoablelmente e xustamente.

martes, 19 de febrero de 2008

ORGANIZACIÓNS SUPRAESTATAIS

Algunhas entidades supraestatais son
ONU- Organización de Naciones Unidas
OTAN- Organización do Tratado do Atlántico Norte
SEATO-Tratado de Defensa Colectiva del Sureste Asiático
Mercosur- MERcado COmún do SUR
OUA- Organización para a Unidade Africana
UE- Unión Europea
Liga árabe- Liga de los Estados Árabes- en la cual se agrupan todos los estados árabes

viernes, 15 de febrero de 2008

SEPARACIÓN DE PODERES

A organización política ou forma de Estado propia do Antigo Rexime en Europa na que o monarca representa tódolos poderes do Estado denomínase monarquía absoluta. O poder do rei era de orixe divina polo que este só é responsable ante Deus. O monarca posúe os tes poderes: lexislativo, executivo e xudicial. Existen súbditos en vez de cidadáns. O poder estaba centralizado ao redor do rei; crea e fixa a capital do Estado; crea institucións políticas ao seu servizo. O monarca ten pequenas limitacións do poder por medio de Cortes ou Parlamentos e pola "lei divina" e a lei natural. O poder absoluto do rei estaba apoiado pola nobreza e a burguesía; pero a burguesía rompeu coa monarquía polo que se produciron numerosas revolucións e deron lugar a un novo modelo, o liberalismo.
O liberalismo é unha doutrina que ten as súas orixes na revolución inglesa e se consolida coas revolucións dos s.XVIII e s.XIX. Os seus principios básicos son:
Separación de poderes en tres: lexislativo, elabora as leis; executivo, aplica as leis; xudicial, xulga e asegura o cumprimento das leis.
Defensa das liberdades e os deritos individuais, a igualdade xurídica , soberanía nacional e popular e a representación polítaca e o derito a voto.
Os poderes quedaron repartidos da seguinte forma:
Poder lexislativo o máis importante porque se encarga de elaborar as leis que han de cumpir tódolos cidadans. As asembleas lexislativas poden ser unha ou dúas e reciben distintos nomes segundo os Estados. Estas asembleas representativas deben de elaborar unha Constitución que é a Lei suprema na que están recollidos tódolos principios políticos, a organización do Estado, os deritos e deberes dos cidadáns...
O poder executivo correspóndenlle realizar o que dispoñen as leis (aplicalas) e está representado polos gobernos compostos polo Presidentes de Goberno ou Primeiros Ministros e os Ministros.
O poder xudicial correspóndenlle facer cumprir as leis e está representado polos tribunais de xustiza.

jueves, 7 de febrero de 2008

CONTRATO SOCIAL

O contrato social e unha expresión que se utiliza na filosofía, na ciencia política e a socioloxía en alusión a un acordo real ou hipotético realizado no interior dun grupo polos seus membros.
A esencia da teoría proposta por Rousseau é a seguinte: para vivir en sociedade, os seres humáns acordan un contrato social implícito, o que lles outorga certos dereitos a cambio de abandonar a liberdade da que dispoñían nun estado de natureza.
Hobbes foi o primeiro filósofo moderno que articulou unha teoría contractualista coa sua opinión de que os homes no estado de natureza cedían os seus dereitos individuais a un soberano forte a cambio de protección. Unha das frases máis famosas deste filósofo é "o home é un lobo para o home".
Locke planteou unha teoría contractual pero a diferencia de Hobbes cria que cada home facía un contrato cos demais para un determinado tipo de goberno pero que se podía modificar ou incluso abolir o goberno.