Polo tanto, é evidente que a cidade non é unha comunidade de territorio para non prexudicarse a si mesma e polo intercambio. Isto ten que existir, se é que vai existir cidade; pero non porque se dea todo iso hai cidade, senón que é a comunidade para vivir ben de casas e familias, en orde a unha vida perfecta e autosuficiente. Agora ben, iso non existiría se non habitan o único e mesmo territorio e contraen matrimonios entre si. Por iso xurdiron nas cidades relacións familiares, fraternidades, festas e diversións para vivir en común. E tal cousa é froito da amizade. Pois a decisión de vivir en común es amizade.
O fin da cidade é, polo tanto, vivir ben, e todo iso está orientado a esa fin. A cidade é a asociación de familias e aldeas para unha vida perfecta e autosuficiente. E ista é, como dicimos, a vida feliz e boa.
Hai que supor, en consecuencia, que a comunidade política ten por obxecto as boas intencións e non só a vida en común. Por iso, a cantos contribúen en maior ou menor grao a tal comunidade, correspondelles unha maior participación na cidade que aos que en liberdade ou estirpe son iguais ou superiores, pero desiguais na virtude política, ou aos que sobresaen en riqueza, pero son inferiores en virtude. Pois ben, que todos os que discuten sobre os reximenes políticos falan só dunha parte do xusto, queda claro co dito.

Reflexión:
Neste texto Aristóteles fálanos de que unha cidade é aquela que ten unha convivencia en común con unhas mesmas costumes e unhas festas. Entón cada cidade defínese de unha maneira específica entón, o concepro de cidade é utilizado para concienciar os cidadáns con fins políticos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario