Preguntemos desde logo o que neste tempo entenden un inglés, un francés ou un habitante dos Estados Unidos de América pola palabra liberdade. Ela non é para cada un destes outra cousa que o dereito de non estar sometido máis cas leis, non poder ser detido, nin preso, nin morto, nin maltratado de ningún xeito, por efecto da vontade arbritaria de un ou moitos individuos, é o dereito de dicir a súa opinión de escoller a súa industria, de exercela, e dispoñer da súa propiedade, e aínda de abusar se se quere ir e vir a calquera parte sen necesidade de obter permiso, nin dar conta a ninguén dos seus motivos ou os seus pasos: é o dereito de reunirse con outros individuos, sexa para deliberar sobre os seus intereses, sexa para encher os días ou as horas da maneira máis conforme ás súas inclinacións e caprichos: é, en fin, para todos o dereito de influir ou na administración do goberno, ou no nombramento de algúns ou de todos os funcionarios, sexa por representación, por petición ou por consulta, que a autoridade está máis ou menos obrigada a tomar en consideración. Comparade entre tanto esta liberdade coa dos antigos.
Esta consistía en exercer colectiva pero directamente moitas partes da soberanía enteira; en deliberar na praza pública sobre a guerra e a paz, en concluir cos extranxeiros, tratados de alianza, en votar as leis, pronunciar as sentencias, examinar as contas, os actos, as xestións dos maxistrados, facelos comparecer ante todo o pobo, acusalos e condealos ou absolvelos. Pero, ao mesmo tempo que era todo isto o que os antigos chamaban liberdade, eles admitían como compatible con esta liberdade colectiva a suxeición completa do individuo á autoridade da multitude reunida. Non atoparedes neles case ningún dos beneficios e goces que vimos que formaban parte da liberdade nos pobos modernos. Todas as accións privadas estaban sometidas a unha severa vixiancia: nada se concedía á independencia individual nin baixo o concepto de opinións, nin no da industria, nin dos outros bens que indicamos. Nas cousas que nos parecen máis útiles, a autoridade do corpo social interpoñíase e mortificaba a vontade dos particulares. Terpandro non puido entre os espartanos engadir unha corda á súa lira sen que os éforos se disen por ofendidos. Aínda nas relacións domésticas máis ocultas tamén interveía a autoridade: un mozo lacedemonio non podía visitar libremente á súa nova esposa. (...)
Así, entre os antigos o individuo, soberán case habitualmente nos negocios públicos, era escravo en todas as súas relacións privadas. Como ciudadán decidía a paz e a guerra; como particular estaba limitado, observado e reprimido en todos os seus movementos; como porción do corpo colectivo cuestionaba, destituía, condeaba, despoxaba, desterraba e decidía a vida dos maxistrados ou dos seus superiores; pero como sometido ao corpo colectivo podía chegar tamén a ocasión de ser privado do seu estado, despoxado das súas dignidades, votado do territorio da república, e condeado a morte pola vontade discrecional do todo do que formaba parte.
Entre os modernos ao contrario, o individuo, independente na súa vida privada, non é soberán máis que en apariencia aínda nos Estados máis libres: a súa soberanía está restrinxida e case sempre suspensa; e se nalgunhas épocas fixas, pero raras, chega a exercer esta soberanía, faino rodeado de mil trabas e precaucións, e nunca maís que para abdicar dela.
Reflexión:
Neste texto fálase do concepto de liberdade tanto individual como colectiva, este concepto está recollido nos Dereitos de Primeira Xeración.