A discriminación de xénero existe en todo o mundo e en tódalas situacións. Esta é unha das principais causas de pobreza xa que debido a que es mulleres non poden encontrar traballo e hasta non poder ter educación para prepararse. Ademais cando as mulleres traballan vese unha notable diferencia entre os soldos dos homes e os soldos das mulleres porque aínda que un home e unha muller que teñan o mesmo traballo na maioría dos casos sempre vai cobrar máis o home que a muller, so en casos moi minoritarios acontece o contrario e sole acontecer nos países desenvolvidos, onde a discriminación feminina non e tan notable como noutros países. Debido a isto as mulleres sempre van ser máis pobres que os homes.
As cifras que sabemos sobre o traballo e todo o que acontece a redor das mulleres son impactantes xa que o 70% das persoas pobres son mulleres ademais, dous tercios da poboación analfabeta son mulleres, isto dáse sobre todo nos países subdesenvolvidos, en África por exemplo onde case ningunha muller traballa e case todas son analfabetas xa que so se dedican a coidar o gran número de fillos que ten cada unha.
En canto a sanidade das mulleres é pésima xa que miles de mulleres morren cada ano debido as malas condicións que teñen por exemplo para dar a luz xa que moitas delas xa nin sequera o fan nun hospital. Tamén hai que sumar os abortos que se producen tamén en moi malas condicións, fomentando así o contaxio de enfermidades como por exemplo o SIDA.
En canto á política en Galicia, ata hai pouco, a participación da muller era case nula, xa que so o 10% dos escanos do parlamento son mulleres pero peor e o dato se miramos os postos dos gabinetes estatais porque só un 6% son mulleres.
Os exemplos mais claros de discriminación de xénero vense en África, Asia e en América Latina onde a discriminación se ve en tódolos sentidos, no traballo, na educación, etc.
Se nos fixamos nas cifras que hai no mundo entre mulleres e homes veremos unha clara diferencia n que en case tódolos países hai máis homes ca mulleres. Un exemplo moi claro e china xa que debido a nova lei que adoptaron de que cada familia só pode ter un fillo a maioría das familias optan por ter un neno en vez de unha nena porque para eles ten máis futuro, esto e unha proba clara de discriminación de xénero. Debido a isto é porque hai tantas nenas chinesas danse en adopción. Se nos fixamos nos datos da India e de África Subsahariana veremos que acontece o mesmo, o número de homes supera o das mulleres.
En conclusión podemos ver que en case todo o mundo hai unha forte discriminación contra as mulleres e que dunha maneira ou doutra temos que buscar a maneira de acabar con ela, iso solo esta nas nosas mans e somos nos quen o pode solucionar.