miércoles, 14 de mayo de 2008

AS ESFERAS DA XUSTIZA

Walzer, neste texto resalta que as persoas chegan a gozar dun monopolio con respecto a un ben dominante e este está convertido en toda clase de cousas.Así, os máis fortes son quen controlan a riqueza, a honra polos ben nados e os cargos polos educados. Sen embargo, sempre hai moitas persoas que consideran que o control non é xusto senón unha usurpación. Así, o conflito social é intermitente, e hai tres clases importantes:
1.O monopolio é inxusto debido á pretensión do dominante. A pretensión de que o ben dominante se distribúa de forma máis ou menos compartida que equivale a afirmar que o monopolio é inxusto. Esto da lugar a unha desigualdade económica
2.O predominio é inxusto debido á apertura de vías para a distribución autónoma de tódolos bens sociais. A pretensión de que abran vías para a distribución autónoma de todos os bens sociais equivale a afirmar que o predominio é inxusto. Hai grupos que pensan que esto no é xusto porque non lles parece unha boa razón.
3.O esquema de predominio e monopolio é inxusto. A pretensión de que un novo ben monopolizado por un novo grupo remplace ó ben actual dominante iso equivale a afirmar que o esquema existente de predominio e monopolio é inxusto.
O monopolio que reside nuns poucos é inxusto.

No hay comentarios: