
Migración, é o termo que designa os cambios de residencia mais ou menos permanentes, case sempre debidos a factores económicos, laborais, sociolóxicos ou políticos. Débese distinguir entre emigración e inmigración. A emigración mira o fenómeno dende o país que abandona o emigrante para establecerse noutro diferente, e a inmigración contemplao desde a perspectiva do país de acollida.
Dende a metade do século XIX foi considerado o dereito a emigrar coma algo que deriva da propia concepción do home coma un ser racional e libre. E así aparece consagrado na Declaración Universal dos Dereitos do Home, na Carta Social Europea e no Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos. As constitucións e leis nacionais recoñecen o dereito dos cidadáns a saír do territorio e consideran emigrantes a quen fundamenta ou xustifica o seu desprazamento en razóns laborais ou profesionais.
Sen embargo, examinada a cuestión dende o punto de vista do país de acollida, os dereitos dos inmigrantes non son en realidade os mesmos que os dereitos dos nacionais, dada a existencia en numerosos Estados de normas restrictivas en materia de inmigración. En determinados países occidentais resultan emblemáticas as leis de inmigración, resultantes dos conflictos laborais que leva a masiva afluencia de traballadores doutros países, e así tamén son unha forma sesgada de entender os problemas de orden público, que dexenera en auténticas situación de gueto e en actitudes racistas ou xenófobas asumidas por algúns sectores sociais.
Hai unha enorme proliferación de lexislación e de tratados e convenios internacionais, tanto bilaterais coma multilaterais, que regulan aspectos laborais, familiares, educativos, asistenciais e outros sobre esta materia. A existencia de organizacións como a Unión Europea supón a mesma consideración de un traballador nacional e de outro que sexa cidadán doutro Estado da Unión, dado o principio de liberdade de traballo e de circulación en calquera Estado membro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario