jueves, 6 de marzo de 2008

ENTREVISTA A UNHA EMIGRANTE A VENEZUELA

Cales foron as causas polas que emigraron?
As causas foron a escaseza de traballo tanto para homes como para mulleres e emigramos para conseguir unha mellora na situación económica.


Por que escolleron Venezuela para a súa emigración?
Escollemos Venezuela porque tiña o mesmo idioma e entendiámonos sen necesidade de aprender algún outro idioma.


Tardou moito en atopar traballo? En que comezou a traballar?
O traballo xa o levabamos buscado de aquí polo que nada máis chegar xa fomos para a casa onde traballamos no servizo doméstico. Eu encargábame do servizo da casa e o meu marido do xardín, de chofer do xefe e de mensaxeiro.


Sentíronse discriminados ou respectáronse tódolos seus dereitos?
Nunca nos sentimos discriminados senón que sempre nos ofrecían os xefes axuda cando a precisabamos. E os nosos dereitos foron plenamente respectados.


En Venezuela tiñan unha idea predeterminada dos galegos?
Si, e moi boa vían aos galegos como xente moi traballadora e alegre, se eras galego non tiñas problema en atopar traballo.


En que ano se foron? Canto tempo botaron alá? Volveron aquí de vacacións?
Marchámonos no ano1977 e botamos alí arredor de dezaoito anos volvendo para Galicia “a nosa terriña querida” cada dous anos corenta e cinco días que eran os que nos daban de vacacións.


Estrañaron Galicia o tempo que estiveron fola dela?
A Galicia tiña presente tódolos días nos meus pensamentos. Galicia e toda a miña familia que deixara aquí; ao principio durante os primeiros sete anos o noso fillo estaba en Venezuela con nós pero logo volveu para Galicia a estudar entón estrañabamos máis estar en Galicia.


Que lles sucedeu para volver para Galicia?
A persoa para a que estabamos traballando morreu entón consideramos ese un bo momento para volver aínda que traballo non nos faltaba pois as persoas da familia da persoa para a que traballabamos discutían por facernos unha oferta mellor pero nos rexeitamos toda oferta. Consideramos que ese era un bo momento para volver xunto a nosa familia en especial xunto ao noso fillo.


Azoran algún momento dos que pasaron alá?
Sobre todo os momentos que pasabamos na “Hermandad Gallega” onde nos xuntabamos os galegos residentes alá e xogabamos ao dominó e as cartas.


Fixeron moitas amizades alí? Volveron ver algunha?
Sí, algún volvéronse ver pois ou eran galegos e volveron e atopámonos e outros viñeron de vacacións a Galicia coñecer o lugar do mundo polo que nós tiñamos tanta morriña e ao velo entendéronnos; outros moitos non os volvemos ver e non sabemos nada deles.


Gustaríalle volver a Venezuela?
Si. Gustaríame pasar un inverno de aquí alá é fantástico. Rotundamente gustaríame algún día volver e ver como cambiou o lugar no que pasei moito tempo da miña vida.

No hay comentarios: