viernes, 15 de febrero de 2008

SEPARACIÓN DE PODERES

A organización política ou forma de Estado propia do Antigo Rexime en Europa na que o monarca representa tódolos poderes do Estado denomínase monarquía absoluta. O poder do rei era de orixe divina polo que este só é responsable ante Deus. O monarca posúe os tes poderes: lexislativo, executivo e xudicial. Existen súbditos en vez de cidadáns. O poder estaba centralizado ao redor do rei; crea e fixa a capital do Estado; crea institucións políticas ao seu servizo. O monarca ten pequenas limitacións do poder por medio de Cortes ou Parlamentos e pola "lei divina" e a lei natural. O poder absoluto do rei estaba apoiado pola nobreza e a burguesía; pero a burguesía rompeu coa monarquía polo que se produciron numerosas revolucións e deron lugar a un novo modelo, o liberalismo.
O liberalismo é unha doutrina que ten as súas orixes na revolución inglesa e se consolida coas revolucións dos s.XVIII e s.XIX. Os seus principios básicos son:
Separación de poderes en tres: lexislativo, elabora as leis; executivo, aplica as leis; xudicial, xulga e asegura o cumprimento das leis.
Defensa das liberdades e os deritos individuais, a igualdade xurídica , soberanía nacional e popular e a representación polítaca e o derito a voto.
Os poderes quedaron repartidos da seguinte forma:
Poder lexislativo o máis importante porque se encarga de elaborar as leis que han de cumpir tódolos cidadans. As asembleas lexislativas poden ser unha ou dúas e reciben distintos nomes segundo os Estados. Estas asembleas representativas deben de elaborar unha Constitución que é a Lei suprema na que están recollidos tódolos principios políticos, a organización do Estado, os deritos e deberes dos cidadáns...
O poder executivo correspóndenlle realizar o que dispoñen as leis (aplicalas) e está representado polos gobernos compostos polo Presidentes de Goberno ou Primeiros Ministros e os Ministros.
O poder xudicial correspóndenlle facer cumprir as leis e está representado polos tribunais de xustiza.

No hay comentarios: