jueves, 7 de febrero de 2008

CONTRATO SOCIAL

O contrato social e unha expresión que se utiliza na filosofía, na ciencia política e a socioloxía en alusión a un acordo real ou hipotético realizado no interior dun grupo polos seus membros.
A esencia da teoría proposta por Rousseau é a seguinte: para vivir en sociedade, os seres humáns acordan un contrato social implícito, o que lles outorga certos dereitos a cambio de abandonar a liberdade da que dispoñían nun estado de natureza.
Hobbes foi o primeiro filósofo moderno que articulou unha teoría contractualista coa sua opinión de que os homes no estado de natureza cedían os seus dereitos individuais a un soberano forte a cambio de protección. Unha das frases máis famosas deste filósofo é "o home é un lobo para o home".
Locke planteou unha teoría contractual pero a diferencia de Hobbes cria que cada home facía un contrato cos demais para un determinado tipo de goberno pero que se podía modificar ou incluso abolir o goberno.

No hay comentarios: