jueves, 21 de febrero de 2008

RESPOSTAS AS CUESTIÓNS SOBRE OS DEREITOS HUMANOS

1-¿Qué defende o positivismo xurídico?
As teorías do positivismo xurídico afirman que non existen dereitos previos á formación da sociedade, pois é a sociedade a que proporciona e garante os dereitos (que no estado de natureza non existen). O positivismo xurídico afirma que os chamados dereitos humanos son, en realidade, dereitos fundamentais recollidos no momento do pacto social e resultado do acordo entre os individuos. Un representante importante deste tipo de fundamentación é o xurista Kelsen

2-¿Que quere decir que os dereitos humanos son dereitos naturais?
Podemos entender que os dereitos humanos proveñen da propia natureza humana e son previos a calquera forma de organización social. Neste caso, os dereitos humanos entendense como dereitos naturais. Se entendemos que estes dereitos son naturais, faise necesario investigar cal é a súa orixe e como se fundamentan. Nalgúns casos, esta orixe pretende buscarse na vontade de Deus, pois crese que o ser humano lle debe a Deus a súa existencia e o seu modo de ser. Noutros casos, alleos a unha configuración relixiosa do mundo, buscase un tipo de fundamentacion diferente, baseado na racionalidade humana, a súa igualdade ou nalgunha outra característica presente en todos os seres humanos.

3-¿Que problemas percibes para a implantación internacional dos dereitos humanos?
Na sociedade actual hai un amplo espectro de problemas relacionados cos dereitos humanos sobre os que se poden discutir:
-Os dereitos das mulleres xóvenes e dos nenos.
-A construcción dunha sociedade civil.
-Os dereitos dos xóvenes homosexuais.
-A pobreza e o traballa infantil.
-A creación dunha maior conciencia acerca dos refuxiados e das persoas que buscan asilo.
Hai unha serie de ONG's que abordan problemas que van desde a educación comunitaria ata proxectos que teñen como obxetivo o empleo da arte como medio para fomentar a armonía social.

4-Caracteristicas dos dereitos humanos?
Os dereitos humanos resumen unhas series de características que teñen que ser comúns a toda a humanidade polo simple feito pertencer á humanidade. Isto vese recollido nalgunhas constitucións anque noutras son pasados por alto completamente.
Os dereitos humanos podemos entendelos de varias maneiras pero, teñen unha serie de características:
-Son inalienables: non poden ser negados nin outorgados por ningunha institución xa que preceden a elas.
-Son universais: xa que son válidos para toda persoa, independientemente do lugar de residencia, da cultura, da posición social, da etnia a que pertenzas, da relixión, etc.

5-Qué quere decir iusnaturalismo?
O iusnaturalismo é unha corrente da filosofía do dereito que afirma que alomenos unha parte das
normas convencionais do dereito e a moral están asentadas en principios universais e inmutables; este conxunto de normas conforman o dereito natural.A orixe dos principios do dereito natural, dependendo do autor, e dado por Deus, a Natureza ou a Razón.
Para os iusnaturalistas, as normas que se poñen en contra destos principios son inxustas e carecen de imperatividade legal, aínda cando foron promulgadas pola autoridade competente cumprindo os requisitos formais esixidos. Tradicionalmente o iusnaturalismo contrapúxose ó iuspositivismo, pois dende éste a validez de norma xurídica e independente do seu valor moral.

Na actualidade a maioría das teorías xurídicas son teorías eclécticas. Poucos autores se cenen os extremos de cada unha de elas.O iusnaturalismo pode contrapoñerse tamén o chamado contractualismo ou convencionalismo.
Na actualidade a maioría das teorías xurídicas son teorías eclécticas. Poucos autores se cenen os extremos de cada unha de elas.
O iusnaturalismo pode contrapoñerse tamén o chamado contractualismo ou convencionalismo.
Diferencias entre a fundamentación ética, teolóxica, política e historicista??
A Fundamentacións ética:
A fundamentación ética tenta fundamentar os dereitos humanos acudindo a fonte que os xera, é dicir, á súa orixe. Este tipo de fundamentación baséase na posición iusnaturalista e consiste en afirmar que os dereitos humanos son vinculantes e válidos porque teñen a súa orixe nunha orde anterior á formación da comunidade humana. Podemos distinguir alomenos tres tipos de fundamentación ética, dependendo de onde sitúen a orixe desa orde natural previa á implantación da lei positiva.
Fundamentación teolóxica:
A fundamentación teolóxica e a que afirma que a orde natural procede de Deus, que é o creador do home e a lei que define á súa natureza. Este tipo de fundamentación presente xa en Grecia e Roma, acada o seu apoxeo na Idade Media na figura de Tomás de Aquino. Tomás de Aquino afirma que o ser humano coñece parte da orde natural a través da Revelación e da súa propia razón, e este coñecemento permítelle establecer os preceptos básicos que deben rexer a súa vida, por riba de calquera lei positiva. Como esta orde ten como fundamento a lei divina sempre coincidirán, aínda que sempre será superior a lei divina. A fundamentación teolóxica dos dereitos humanos presenta o grave inconveniente de facer depender a validez dos mesmos nas crenzas relixiosas, que fundamentalmente non son asunto de razón, senón de fe. Desta forma podemos afirmar que, persoas non crentes e estados non confesionais non terían que respectar os dereitos humanos e, a súa implantación non podería chegar a ser nunca universal. Por outra parte só algunhas relixións, como o cristianismo, parten do ideal de igualdade dos seres humanos, imprescindible para unha universalización dos dereitos humanos.
Fundamentación historicista:
A fundamentación historicista foi defendida durante a preparación da Declaración Universal e entende que os dereitos humanos son o resultado das necesidade e valores de cada sociedade e cada época histórica. O seu principal defensor foi B. Groce. Este tipo de fundamentación fai da Declaración de Dereitos Humanos un documento en perpetua revisión e transformación.
Fundamentación política:
Desde a práctica da política faise necesario tamén dar razón da validez e funcionalidade dos Dereitos Humanos. A este respecto atopamos dúas grandes teorías:
- As teorías do consenso: son aquelas que fundamentan os dereitos humanos no consenso social, ou ben sexa producto dun pacto orixinario ( o principal respresentante desta tendencia é J. Rawls), ou sexa ben como producto dun diálogo permanente e universal que producirá sucesivos acordos que irán perfeccionándose (o principal respresentante desta tendencia é J. Habermas). As teorías do consenso tentan presentar os dereitos humanos como un acordo democrático fundado na racionalidade do ser humano e, en moitos casos, usan fundamentación éticas para dar razón dese acordo.
-As teorías do disenso: son aquelas que tentan fundamentar os Dereitos Humanos facendo deles o único instrumento que permite canalizar a disconformidade dunha persoa, grupo ou pobo coa orde social existente. Este tipo de fundamentación está en consonancia co proceso histórico que deu orixe á Declaración (pragado de loitas, manifestacións contra distintas ordes sociais establecidas por costume ou tamén por acordo). O seu principal representante é N. Bobbio.

No hay comentarios: