miércoles, 23 de enero de 2008

O PAPEL DA MULLER NO MUNDO ÁRABE

No mesmo corazón do mundo árabe, en Exipto, a principios do século XX un movemento feminista influínte, amplo e progresista que na actualidade considérase un movemento realmente inspirador para o papel da muller na actualidade.
O Islam supuxo un avance na situación da muller respecto as sociedades árabes pre-islámicas. A busqueda no Corán a favor da inferioridade da muller é o mesmo que tentalo buscar na biblia, pois nos dous hai claros indicios da inferioridade da muller.
A situación da muller na sociedade árabe, que existe en menor ou maior grao, non é debida a un suposto instinto machista, senón a unha política autoritaria de certos poderes interesados en fomentar o inmovilismo social.
Determinados movementos islamistas trataron de insertar a muller na sociedade con límites como a segregación sexual do espazo ou a obligación de levar o pano islámico ou "hiyab". Estas condicións impostas á socialización feminina expresan un desexo de modernidade con diferencia da occidental. O rexeitamento rotundo, como no caso de Francia, a levar o pano islámico nos colexios, mostra hasta que punto as sociedades que din ser "abertas" escandalízanse ante o estraño, presentando todos os síntomas de unha cultura "cerrada" e a defensiva.

No hay comentarios: