jueves, 29 de noviembre de 2007

O PENSAMENTO DOS ANTIGOS FILÓSOFOS

Na Declaración Dos Dereitos Humanos hai polo menos un artigo no que fai referencia a que todas as persoas son iguais e que, todas as persoas serán tratadas indiferentemente de sexo, etnia ou condición social. Pero diversos filósofos ó longo da historia da humanidade non pensaban así cousa que se ve reflectida o longo das súas obras.

Aristóteles no seu libro “A xeración dos animais” afirmaba que a femia é un macho deforme cousa que non é certa, porque as femias está feita de tal maneira para poder ter descendencia despois de teren relacións sexuais cos machos.

“Ante todo a muller é un boi de labranza”: esta afirmación de Hesíodo quere reflexar, que na antigüidade debido a ideoloxía machista daquela época críase, que a muller fora ideada unicamente para traballar.

Aristóteles tamén afirma no seu libro “A política” que o home é o que debe mandar sobre a unidade familiar dado que, o home é mais apto para a dirección que a muller, tamén así, hai preferencia de maior a menor; por este motivo dise que invocou Homero a Zeus “pai do home e dos deuses”, a el, que é “rei de todos eles”. Isto reflexa a clara idea machista que había antigamente.

Tomás de Aquino nas súas tres obxeccións di, dada a súa clara ideoloxía machista que, a muller foi creada para un mero traballo de reprodución, tamén di que a muller debe ser gobernada polo home dado que este é o mais sabio e a muller débese someter as ordes do home todo isto é dito no nome de Deus. E claramente reflexa o gran poder machista e de discriminación de xénero á que incitan a maioría das relixións ou das crenzas.

Schopenhauer un filósofo alemán revela no seu traballo “As mulleres” que, estas non están destinadas a traballos de gran esforzo tanto físico como intelectual dada a súa anatomía. E tamén afirma que a muller nunca madura e que queda nun estado de nena grande como a medio camiño. Aquí vese reflexado o papel inferior que tiña a muller na antiga sociedade
.
Nietzsche en “Así falou Zaratrusta” dinos que a muller é un xoguete para o home e que soamente é destinada a muller como motivo de ocio. E tamén di que a felicidade do home é soamente o “eu quero” e a felicidade da muller é o que “el quere” cousa que é automaticamente descartable porque a felicidade dos dous non é loxicamente a felicidade do home. Pois a muller non ten que facer feliz ó home para ela ser feliz isto claramente, é unha mostra de machismo.

Aristóteles en “A política I” di que cada persoa nace destinada para unha tarefa e intenta xustificar o papel da escravitude e da nobreza na antiga sociedade. E así di que os escravos son escravos porque non teñen capacidade para ser outra cousa e entón o rei e os nobres son privilexiados porque Deus así o quixo, e eles teñen capacidade para iso pois son mais listos e os mais adecuados para rexer o futuro da sociedade. Isto claramente non é certo pois todas as persoas son iguais e deben ser tratadas como iguais. Calquera persoa de calquera etnia ou condición social pode ascender na sociedade pois outra cousa é que non teña medios.

Francisco Rubio Llorente no seu traballo “Manuscritos Económico-filosóficos de Marx” denuncia que os nobres do antigo réxime necesitaban recorrer a diferenza racial para xustificar que escravizaran ás persoas de cor facéndoos traballar de 14 a 16 horas diarias e que estas viran como tamén era escravizada a súa descendencia e prostituídas as súas fillas. E todo isto debido a que non eran da mesma cor. Isto non é normal pois as persoas non deben ser discriminadas por ningún motivo.

Benjamín Constant no seu traballo “Principios de Política” quérenos dicir que os campesiños aínda por encima de que foron explotados polos nobres, non tiñan dereitos electorais nin dereito de opinar nin nada e só se beneficiaban indirectamente dos privilexios dos que gozaban os nobres e eran utilizados como “elementos de tiranía”. Isto non debería de ser así dado que todos xa que eran gobernados deberían de ter dereito de opinar sobre o goberno.

José A. Gómez Yáñez no seu traballo “Eleccións primarias e reformas políticas” para o xornal El País dinos que en 1940 as persoas de cor non tiñan nalgúns lugares dereito electoral. Cousa que non debería de ser así pois todos deben de ter dereito a opinar sobre todo e como non na política.

Rosseau no seu “Discurso sobre a orixe e os fundamentos da desigualdade entre os homes” di que non hai desigualdade de razas así como non hai desigualdades entre diversas culturas. Pero, como un neno non pode guiar a un ancián e un parvo a un sabio a desigualdade sempre estará presente mentres que unha multitude famenta carece do indispensable. Cousa que en parte está moi ben pero todos temos os mesmos dereitos a avanzar e esta non é maneira de xustificar as cousas.

No hay comentarios: